28 de xan. de 2019

A GUARDA

CULTURA

Excepcional acollida na sesión de “Contos contados” do pasado sábado 

· Na Biblioteca Pública Municipal da Guarda  

Vista parcial dos participantes na sesión de "Contos contados" na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado sábado día 26 de xaneiro de 2019 a Biblioteca Pública Municipal da Guarda organizou unha nova sesión de «Contos contados» coa que conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao (que se celebra o 30 de xaneiro). 

 Neste caso a sesión comezou ás 11:30 horas contando cunha gran afluencia de persoas, na súa meirande parte nenos e nenas de curta idade acompañados polos seus pais e familiares. 

Marisol Diz Amil, bibliotecaria municipal de A Guarda, na sesión de "Contos contados", do pasado sábado

 A actividade consistiu en contar "Cuentos silenciosos", de Benjamín Lacombe, unha obra ilustrada en tres dimensións que lle da vida e volume a contos tradicionais dun xeito sorprendente, que fixo, sen dúbida, as delicias dos máis cativos e cativas da casa. 

 A continuación, realizouse un obradoiro que consistiu en decorar un mural con ilustracións adicadas a Castelao e unha pequena sorpresa para levar á casa. 

 Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda convídase a toda as nenas e nenos da Guarda a participar nas actividades que se organizan ao longo do ano dende a Biblioteca Pública Municipa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario