25 de xan. de 2019

O ROSAL

NOVOS COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS PARA O CONCELLO DO ROSAL  

Unha mestra composteira xunto a dous composteiros individuais
Foto: D. PO.

 Infogauda / O Rosal

 Trala solicitude feita polo concello do Rosal ó comezo do ano, SOGAMA entregou unha nova partida de composteiros domésticos con capacidade para 350 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables.  

 A esta partida entregada por SOGAMA, hai que sumar os composteiros adquiridos polo concello con fondos propios. Este stock que permitirá cubrir todas as solicitudes presentadas dende a última entrega e aínda quedarán composteiros dispoñibles para novas solicitudes.  

 Desde o concello animan así a tódalas persoas interesadas a ir polo concello e solicitar un composteiro doméstico para as súas vivendas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario