IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia
· Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro no Auditorio Municipal Lois Tobío, de Gondomar
IEM / Gondomar
A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomis, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.
Programación
Sábado 12 de xaneiro
19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro, de Nigrán.
Domingo 13 de xaneiro
18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella, de Morgadáns.
Sábado 19 de xaneiro
19.30h
Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego, de Gondomar.
Domingo 20 de xaneiro
18.00h
Rosa rosae, representada por Pritis-Guomins, de Aula teatro Gondomar.
Sábado 26 de xaneiro
19.30h
A revirada, representada por A Moura, de Chaín.
Domingo 27 de xaneiro
18.00h
Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa, de Viladesuso.
Sábado 2 de febreiro
19.30h
O restaurante Farruco, representada por Os cabalos rosas brincan no patín, de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo, de Gondomar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario