Os Reis Magos de Oriente xa están eiquí
· Logo de seren recibidos polo alcalde e concelleiras, na tarde deste venres visitaron a Residencia Monte Santa Tecla
· Logo de seren recibidos polo alcalde e concelleiras, na tarde deste venres visitaron a Residencia Monte Santa Tecla
Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente foron recibidos polo alcalde Antonio Lomba Baz e as concelleiras Mª Teresa Vicente Baz e Montserrat Magallanes Álvarez
Fotos: C. A. G.
Infogauda / Camposancos
Non hai ningunha dúbida. Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar xa están na Guarda. Podemos afirmar que este venres día 4 de xaneiro aproveitaron a súa chegada á vila para visitar a Residencia Monte Tecla, no día anterior á Cabalgata de Reis.
SS.MM. saudando a picariños e maiores
A media tarde as Súas Maxestades de Oriente, que foran recibidas previamente polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, acudiron á residencia para levar uns agasallos, visitar e escoitar as mulleres e homes que quixeron intercambiar unhas palabras con eles.
Os maiores seguiron con atención á actuación do Grupo Do Luco ó Fusco
Os Reis Magos bailaron o son da Charanga Vaia Panda
Ademais, a tarde estivo amenizada pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Luco ó Fusco, que acompañaron aos Reis Magos durante a súa visita e animaron a tódolos presentes a bailar e gozar da música nunha tarde chea de ilusión, diversión e alegría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario