ATLETISMO
A ATLETA EX OLÍMPICA JULIA VAQUERO SOUSA VISITOU AOS XÓVENES DA ESCOLA DE ATLETISMO DE TOMIÑO
Julia Vaquero Sousa cos xóvenes da Escola de Atletismo de Tomiño
Sociedade Atlética do Trega / Tomiño
A atleta ex olímpica Julia Vaquero Sousa visitou o pasado luns aos xóvenes da Escola de Atletismo de Tomiño.
Actualmente a escola conta con uns 45 nenos/as. Está subvencionada pola Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Atletismo, estando dirixida por técnicos da Sociedade Atlética do Trega, sendo o seu primeiro ano de vida.
Grupo de atletas con Julia Vaquero Sousa; Ismael Troncoso, concelleiro de Deportes do Concello de Tomiño e adestradores da Sociedade Atlética do Trega
Desinteresadamente Julia Vaquero achegouse ata Tomiño, pasando unha divertida tarde, participando nunha xornada lúdica cos máis novos na Escola de Atletismo, onde lles animou e aconsellou, decíndolles que a estas idades o que ten que facer é aprender a gozar, pasalo ben facendo deporte. Ademais motivounos con moitos consellos, respondéndolle todas as preguntas e curiosidades que lles roldaba pola cabeza dos máis peques.
Desde aquí queremos agradecer con mil grazas, á nosa campioa por seguir facendo cousas grandes como estas, mostrando o seu interese por axudar e aconsellar aos máis novos.
Grazas Julia en nome de todos, esperando que non sexa a última visita, senón que esta sexa o principio de moitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario