OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS ORGANIZAN Á XXII LACONADA/PALETADA DE SAN AMARO
· Terá lugar o sábado día 19 de xaneiro de 2019, ás 13:30 horas, no restaurante do Hotel Molino, na praia do Forte (Camposancos)
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
Dende a Comunidade de montes de Camposancos ainda con o arrecendo das festas de Nadal, Aninovo e Reis e para que siga a festa programamos a 1ª festa gastronómica do ano.
O día 19 de xaneiro de 2019 celebramos a XXII Paletada/Laconada de Sanamaro
A primeiras hora da mañá a treboada "Os Terribles", de Tomiño, percorreran as ruas do pobo anunciando a festas o son da gaita e bombos.
As 13:30 horas no restaurante do Hotel Molino, na praia do Forte de Camposancos, será o lugar en que nos xuntaremos para degustar a paleta e lacón de porco con patatas, grelos de berzas e chourizo. Logo para axudar a dixestión o Trío Nostalgia con a súa música nos animará a bailar. E para rematar a noitiña se servirá un caldiño.
Queremos avisar que para asistir é necesario mercar por anticipado a entrada xa que o aforo é limitado.
Venta de tickets
Na Casa de Montes
Días 12 e 13, de 11:00 a 13:00 horas.
Día 14, de 18:00 a 21:00 horas.
Prezos comuneiras/os:
Nenas/os: De 0 a 10 anos, de balde.
A partir de 10 anos e adultos: 5 euros.
Prezos non comuneiras/os:
Nenas/os: de 0 a 5 anos: de balde.
Nenas/os: de +5 a 10 anos: 9 euros.
A partir de 10 e adultos: 18 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario