Multitudinaria Cabalgata de Reis Magos
· A recepción real congregou a máis dun milleiro de persoas na Praza do Reló
Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, intres antes de dar comezo a Cabalgata na rúa Rosalía de Castro
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Este sábado día 5 de xaneiro as rúas da vila enchéronse de persoas que acudiron para presenciar a tradicional Cabalgata de Reis, un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, cun percorrido (rúas Rosalía de Castro, Galicia, José Manuel Andreini, Agustín Nandín Lomba, Bernardo Alonso e Praza do Reló) entre a Alameda e a Casa dos Alonso, onde se realizou a recepción real as nenas e nenos.
Un dos Reis Magos, xunto cos seus paxes reais, saudando a picariños e maiores
Marcando Pasos, do Centro Deportivo Baixo Miño
A Cabalgata de Reis contou co acompañamento dunha comitiva de paxes, a participación do Clube da Terceira Idade, Marcando Pasos, do Centro Deportivo Baixo Miño, o grupo Do Lusco ó Fusco e a charanga Vaia Panda, que amenizou musicalmente este multitudinario e colorido evento.
O Rei Baltasar e seus paxes reais nun intre da Cabalgata
O longo do percorrido os Reis Magos saudaron a picariños e maiores, o tempo que repartían milleiros de caramelos dende as súas carrozas, e logo na Casa dos Alonso, recibiron as nenas e nenos entregando agasallos e lambonadas para todos.
Recepción das SS. MM. os Reis Magos de Oriente na Casa dos Alonso
Vista parcial da Praza do Reló, fronte a Casa dos Alonso, onde tivo lugar á recepción dos Reis Magos
A recepción real congregou a máis dun milleiro de persoas na Praza do Reló, o que non impediu que tódolas nenas e nenos pudesen saudar persoalmente a Melchor, Gaspar e Baltasar, antes de que Súas Maxestades se retirasen para un breve descanso previo a entrega de agasallos para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario