19 de xan. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

312 PERSOAS PARTICIPARON NA XXII PALETADA / LACONADA DE SAN AMARO

· Nesta edición -  con récord de comensais -, participaron comuneiros, familiares e convidados, así como persoas non comuneiras

Vista parcial dos participantes na XXII Laconada / Paletada de San Amaro, 2018
Foto: José Fernando Martínez Martínez

Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 Ainda que o exercicio anual, como todo o mundo sabe, remata cada 31 de decembro, atrévemonos a decir que a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, presidida por José Fernando Martínez Martínez, ben podería pechar seu balanzo de xestión de 2018, coa XXII Paletada / Laconada de San Amaro que tivo lugar este sábado día 19 de xaneiro de 2019. E decímolo, porque logo dun ano de intensa labor desenvolvida, tanto no coidado, limpeza e repoboación dos montes comunais, así como na administración doutros bens patrimoniais que xestiona a devandita xunta reitora, como da continuada programación cultural organizada e levada a bó termo o longo de todo o exercicio precedente, xusto é - así polo menos entendémolo nós - que directivos, comuneiros, veciños e amigos, disfruten dunha xornada de convivencia, boa gastronomía, baile e música. E para elo, que mellor que facelo cada ano nas datas próximas a festividade de San Amaro. 

 Dese xeito, non soio se mantén á tradición ancestral en Camposancos, de degustar a paleta do porco - e outras delicias relacionadas con el -, nestas alturas do inverno, senón que a celebración gastronómica serve tamén para pulsar o poder de convocatoria que ten a xunta reitora, e abofé que o ten, como o demostra o feito intanxible de reunir 312 persoas, nun evento destas características. E non soio iso, senón de lograr que cada comensal síntase a gusto o longo de todo o xantar, a sobremesa e o posterior baile.

 312 persoas. Aí queda o dato! E non foron máis, porque como oportunamente indicou José Fernando Martínez Martínez, o aforo do local non permitía máis. 

 Como é costume, a xornada comezou coa actuación da treboada Os Terribles, de Tomiño, para arredor das 13:30 horas, dar comezo, no amplo salón comedor - de características únicas - do Hotel Molino, na praia do Forte (Camposancos), o xantar en perfecta camaradería. Comuneiros e non comuneiros. Veciños de Camposancos e convidados. Velaquí unhas das craves do éxito da convocatoria.

 E da comida, que imos decir. Farturenta e saborosa. Paleta, lacón, chourizos, garabanzos, patacas, verdura,..., pan, viños tinto e branco, cervexas, refrescos, auga, sobremesas, café,...

Compoñentes da treboada Os Terribles, de Tomiño, pondo súas notas de música tradicional

 Todo iso, perfectamente servido, permitiu os comensais disfrutar con comodidade e confort, do evento gastronómico, que mesmo contou con algúns intres de música tradicional a cárrego da treboada Os Terribles.

 E despois, no decurso da tarde, chegaría o intre do baile, amenizado polo grupo Nostalgia. Dese xeito, houbo oportunidade para contrarrestar - os que así o quixeron -, os efectos da inxesta de calorías, e o mesmo tempo deixar espazo para o caldo da tardiña, e continuar a festa ata á noite. 

 O éxito foi total. Non se pode pedir máis. 

 Foi así, sempre segundo nosa opinión, como a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, pechou brillantemente o exercicio precedente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario