Programación formativa de «Comercio Innova Plus»
· Continúa neste mes de xaneiro
O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila.
Deste xeito neste mes están previstas 3 sesións formativas. A primeira delas terá lugar o luns día 14 de 15:00 a 16:45 horas, para tratar a temática “Novas tendencias en deseño de espazos comerciais”. A segunda terá lugar o luns día 21 de 15:00 a 16:45 horas con “Innovación no cara a cara co cliente” e xa para rematar o luns día 28, de 15:00 a 16:45 horas, cunha sesión formativa titulada “Compartindo talento: Xuntos chégase máis lonxe”. Tódalas sesións realizaranse na Casa dos Alonso.
Na sesión do luns día 14 de xaneiro contarase coa presenza de Juan Morandeira Vázquez, CEO de Space-Indesign Interiorismo. Responsable de imaxe de marca dunha coñecida empresa galega do sector téxtil durante 8 anos.
O luns 21 de xaneiro a ponente será Fátima Rodríguez Marcos, licenciada en Psicoloxía. Formadora e desde fai 4 anos ao fronte dunha consultora adicada, entre outros, ao deseño e execución de proxectos sobre dinamización comercial.
Para rematar a programación de «Comercio Innova Plus» o luns día 28 de xaneiro terá lugar a charla a cargo de Mariem Filgueira Pérez, licenciada en Dirección e Administración de empresas e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de proxectos de consultoría e innovación en Sherpa Empresarial.
Estas accións formativas teñen como obxectivo que o comercio da vila coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento. Ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas.
Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.
Esta actividade constitúe a continuación do programa «Comercio innova», que rematou en xuño do ano pasado e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.
No mes de novembro realizáronse varios obradoiros na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda sobre «Utilización Práctica de Instagram», e «Utilización Práctica de Facebook», rematando con 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se conta con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas.
A campaña conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario