4 de xan. de 2019

A GUARDA

ABEL LOSADA, PARLAMENTARIO DO PSdeG-PSOE VISITARÁ Á GUARDA O VINDEIRO MÉRCORES

“Para tratar - segundo afirmou Iván Rodríguez González, secretario de Organización do PSdeG-PSOE A Guarda - a reiterada falta de investimentos na nosa vila e comarca por parte da Xunta de Galicia, tras repetirse outra vez nos orzamentos de 2019”

Abel Losada Álvarez
Foto: Parlamento de Galicia

Infogauda / A Guarda

 O próximo mércores 9 de xaneiro visitará a Agrupación Socialista da Guarda Abel Losada Álvarez, parlamentario socialista pola provincia de Pontevedra, para tratar - segundo afirmou a este xornal dixital transfronteirizo, Iván Rodríguez González, secretario de Organización do PSdeG-PSOE A Guarda - a reiterada falta de investimentos na nosa vila e comarca por parte da Xunta de Galicia, tras repetirse outra vez nos orzamentos de 2019”.

 Trala reunión haberá unha rolda de prensa xunto co alcalde Antonio Lomba para respostar as preguntas dos representantes dos medios de comunicación sobre a Vía de Alta Capacidade, a nova Escola Infantil, o acceso Sur para o Porto guardés, a senda da estrada de Circunvalación ou a dotación de servicios ao Monte Santa Trega e outras das demandas do Concello á Xunta de Galicia nos últimos anos

 O punto de encontro para a rolda de prensa será na sede da Agrupación Socialista da Guarda, nas Galerías da rúa Baiona, as 17:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario