30 de xan. de 2019

A GUARDA

DEPORTES

O Concello renovará os vestiarios do Estadio Municipal da Sangriña 

· O investimento total destas obras de mellora, pendente da autorización da Deputación de Pontevedra, ascende a case 22.000€ IVE incluído

 Estadio Municipal A Sangriña. Vista parcial do terreo de xogo
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda acometerá proximamente a renovación e adecuación dos vestiarios das instalacións deportivas do Estadio Municipal da Sangriña, unhas obras que se realizarán ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 O proxecto, redactado polos técnicos municipais, permitirá a renovación das duchas cun novo sistema anti-vandálico, realizando unha nova instalación vista en aceiro inox e instalación de grifos mezcladores con temporizador para economizar auga. Realizarase tamén a renovación do alicatado existente con reposición de azulexos danados e novo pavimento cerámico nos almacéns. 

 Renovaranse as fiestras e portas dos vestiarios instalando unhas novas en aluminio, así como a instalación de dous extractores de aire con sistema higroscópico para a mellora da ventilación. 

 De igual xeito o proxecto contempla a renovación da totalidade da pintura das instalacións coa retirada da pintura existente. 

 O investimento total destas obras de mellora, pendente da autorización da Deputación de Pontevedra, ascende a case 22.000€ IVE incluído.

Ningún comentario:

Publicar un comentario