30 de xan. de 2019

A GUARDA

O XII certame de fotografía «Viaxando» chega á vila

· A exposición poderá visitarse na Casa dos Alonso ata o 20 de febreiro

 «Comeza a viaxe»
Foto: Sergio Lorenzo Ares
Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda acolle a partires do luns 4 de febreiro a exposición formada polas fotografías participantes no XII certame fotográfico «Viaxando», un concurso creado no ano 2007, polas OMIX,s de Baiona, Tomiño, O Rosal, O Porriño, Salceda de Caselas, A Guarda, Gondomar e o Espazo Xove de Tui. 

 Nesta XII edición contou coa participación de máis de 15 mozas/os de distintos puntos da xeografía galega. A fotografía gañadora do certame, que se deu a coñecer no mes de outubro, foi «Comeza a viaxe», de Sergio Lorenzo Ares, natural de Tomiño.  

 A exposición poderá visitarse na Casa dos Alonso ata o 20 de febreiro, data na que a mostra seguirá coa súa ruta polos restantes concellos organizadores.  

 «Viaxando», un certame fotográfico creado para incentivar a creatividade e a orixinalidade da mocidade, valores que como se poderá comprobar na exposición, quedan reflectidos nas fotografías presentadas a concurso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario