FOTOGRAFÍA
Mellores imaxes do ceo galego, 2018
O fotógrafo José Carlos Castro Martínez, de A Guarda, acadou o 2º premio na categoría sen telescopio
"Lóstregos na Guarda"
Autor: José Carlos Castro Martínez
Infogauda / A Guarda
Na tarde de onte tivo lugar na sala TurCastrelo, do Parque Náutico de Castrelo de Miño (Ourense), a gala anual de entrega de premios Ceos Galegos, 2018.
de acordo co resultado da votación popular, na categoría imaxes sen telescopio, o primeiro premio foi para a fotografía "Reflexions marcianas na illa de Sálvora", de Ángel D. R. Arós.
O segundo premio foi para "Lóstregos na Guarda", de José Carlos Castro Martínez.
E o terceiro premio foi para "A consagración da Lúa", de Fins Eirexas.
Polo que respecta á fotografía premiada de José Carlos Castro Martínez, de A Guarda, a descrición é a seguinte: Unha soa toma de 30 segundos de exposición que captou unha chea de lóstregos durante a tormenta de comezos de setembro. En primeiro plano a Atalaia, sé do museo do Mar, da Guarda (Pontevedra).
Categoría: imaxes “con telescopio”
Primeiro premio: "A nebulosa Corazón desde Arzúa" de Miguel Sánchez Varela.
Segundo premio: "A galaxia Andrómeda (M31) desde as Louseiras" de Marcos López Alonso.
Terceiro premio: "A nebulosa da Aguia desde Castiñeiras" de Marco Antonio Vilar.
Categoría: mellor foto #NubesGalegas18.
"A Coruña desde Seixo Branco" de @UxiaShinigami
Ningún comentario:
Publicar un comentario