5 de xan. de 2019

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Román Rodríguez participou na ofrenda floral con motivo do 83 aniversario do pasamento de Valle-Inclán

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou este mediodía na ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán

Infogauda / Santiago de Compostela

 O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou este mediodía na ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán, posto que hoxe se cumpren 83 anos do seu pasamento en Compostela.  

 Con motivo desta efeméride, o titular do departamento autonómico destacou que foi un dos grandes renovadores da novela do século XX e que o seu legado “segue a medrar tal e como lle corresponde a alguén que crea un mundo a través dunha linguaxe nova”. A este acto conmemorativo tamén asistiu o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, entre outras autoridades e representantes do mundo da cultura da Comunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario