31 de xan. de 2019

A GUARDA

A Alerta Vermella obriga a prohibir a circulación de vehículos polo paseo marítimo da Guarda   



Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, fai público que a Concellería de Emerxencias pecha dende a tarde deste xoves, día 31 de xaneiro, o acceso ao vial portuario comprendido entre a Atalaia e o Monumento ao Mariñeiro Desaparecido, un vial empregado recentemente como vial alternativo polas obras da Rúa Concepción Arenal

 Desde o goberno local informan que “esta decisión tomouse ante a inminente activación dunha Alerta Vermella por situación meteorolóxica desfavorable que imposibilita a circulación por este vial ao carón do Porto. En función da mellora da situación meteorolóxica habilitarase novamente a circulación por este vial nos vindeiros días. 

 Todos os veciños e veciñas que o desexen poden seguir empregando os viais alternativos para baixar ao Porto pola Rúa Ireira e pola zona da depuradora. 

 Recórdase de igual xeito que ante o Aviso Vermello é preciso evitar as zonas próximas ao litoral, diques, praias, rompentes ou cantís.

Ningún comentario:

Publicar un comentario