FÚTBOL
1ª AUTONÓMICA - GRUPO 5
O SPORTING GUARDÉS RECIBE O GRAN PEÑA
O domingo día 27 de xaneiro, ás 4 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O domingo día 27 de xaneiro, ás 4 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña, o Sporting Guardés recibirá o Gran Peña.
Coidamos que este encontro vai ser disputado de poder a poder, toda vez que o Sporting Guardés, clasificado provisoriamente no 4º posto da táboa, contabiliza 31 puntos, resultado de haber gañado 8 encontros, empatado 7 e perdido 4. Asemade marcou 33 goles e encaixou 20.
Pola súa parte o Gran Peña, está polo de agora, no 8º posto da táboa clasificatoria. Leva disputado 18 encontros - un menos que o Sporting Guardés -, dos cales gañou 8, empatou 6 e perdeu 4. Todo iso fixo que nestes intres contabilice 30 puntos. E decir, un menos que o Sporting Guardés. En canto a goles marcou 32 e encaixou 20.
A vista deses datos e polo que prevemos que será un encontro moi interesante, no que ademais do traballo dos xogadores locais, será vital o apoio da afición guardesista, toda vez que o conxunto visitante vai vir A Sangriña con toda intención de acadar algo positivo que lle permita remontar postos na táboa e posicionarse onde lle corresponde.
Dese xeito é fundamental que Sporting Guardés practique un xogo efectivo, sin concesións, e sen dar á máis mínima oportunidade o conxunto visitante. Todo elo para tentar que os puntos queden no feudo local e o equipo de A Guarda continúe remontando posicions.
Ningún comentario:
Publicar un comentario