24 de xan. de 2019

A GUARDA

TURISMO

A Guarda renova o Compromiso de Calidade Turística SICTED  

Vista parcial da praia de O Forte (Camposancos), coñecida internacionalmente como praia do Muiño
Vista parcial da praia Area Grande (A Guarda)
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ven de recibir a notificación da concesión un ano máis do distintivo do Plan de Calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos). Unha vez celebrado na Secretaría de Estado de Turismo o Comité de Distinción o pasado día 15 de decembro, no que se analizan os resultados da avaliación final, envorcados a través da plataforma informática, os requisitos obrigatorios que se debían cumprir en canto a formación, participación en grupos de mellora, autoevaluación, etc., así como a participación e involucración no Plan de Calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), o Concello de A Guarda resultou novamente distinguido co “Compromiso de Calidade Turística”. 

 A renovación deste distintivo entregarase no transcurso da Gala de Turismo que se celebrará no vindeiro mes de marzo. 

 Este distintivo busca o obxectivo común para todos os que forman parte do destino turístico “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas”, de crear un destino de calidade para ser competitivo e estar á altura dos principais destinos turísticos.  

 Neste senso, a Oficina Municipal de Turismo e as praias de Area Grande e O Muíño contan dende 2010 co distintivo SICTED. Este recoñecemento ven acompañado dun plan de mellora continua e novas medidas dirixidas a incrementar a calidade do servizo, polo que os establecementos e servizos deben continuar traballando en prol do desenvolvemento turístico e a satisfacción dos clientes.  

Sobre o distintivo 

 O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Traballa con empresas e servizos de ata 33 oficios diferentes co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción dos e das turistas. Para logralo, o sistema ofrece ás empresas e servizos adheridos un plan de formación, asistencia técnica, obradoiros, grupos de traballo e manuais de boas prácticas.  

 A obtención do distintivo SICTED implica o cumprimento dos requisitos fixados, e da conta do esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. O certificado ten validez bienal, aínda que precisa dunha evaluación anual de seguimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario