7 de xan. de 2019

A GUARDA

PATRIMONIO

Primeira Barferencia do 2019 na Guarda

· Este venres día 11 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Bodegón Os Seixiños, da Gándara

Infogauda / A Guarda 

 Este venres día 11 de xaneiro terá lugar a primeira Barferencia de 2019, na que o escritor e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe falará sobre a «Historia da Fábrica das Cachadas».

 Esta é a terceira Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar ás 20:30 horas, no Bodegón Os Seixiños da Gándara, onde se poderá coñecer un pouco máis sobre a historia desta empresa e do traballo alí realizado dende os seus comezos ata a actualidade.   

 No lugar das Cachadas hai referencias a distintas telleiras, entre elas a telleira de Lomba, documentada xa en 1808. Tempo despois a fábrica orienta a súa produción cara a fabricación de materiais refractarios destinados á industria química e eléctrica. A calidade dos produtos elaborados mereceu distintos recoñecementos rexionais, nacionais e internacionais.  

 O  7 de agosto de 1954 rematou a construción da cheminea das Cachadas. A base cadrada realizárona albaneis da localidade mentres que para o resto contratouse a Cabo de Salceda, quen cobrou polos traballos 68.910,10 pts. Na súa construción, que acada os 60 metros de altura, empregáronse 44.036 ladrillos elaborados na propia fábrica cun peso de 140.130 quilos.  

 As barferencias continuarán o 1 de febreiro no bar O Couto, de Camposancos, cunha charla sobre o «Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica» a cargo de Luis Francisco López González, licenciado en Xeografía e Historia. Especialidade Prehistoria, pola Universidade Complutense de Madrid

 E o 15 de marzo na Cafetería Marbella cunha charla sobre «Castelo de Santa Cruz: 350 anos do fin da Guerra da Restauración na Guarda», a cargo de Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais en Consello da Cultura Galega, e investigadora postdoutoral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario