CULTURA MARÍTIMA
PIUEIRO: TODO UN RONSEL DE TRABALLO ILUSIONANTE
Vista parcial da exposición Amigos do Mar, que a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda, presenta no Salón de Exposicións do Concello do Rosal
Foto: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal
A Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda, coa colaboura do Concello do Rosal, presenta á mostra Amigos do Mar que ata o día 20 de xaneiro de 2019, pode visitarse de 17:00 a 20:00 horas, na Sala de Exposicións do concello rosaleiro.
Se lemos o cartel da mostra Amigos do Mar, sabemos que Piueiro presenta fotografías e artes de pesca. En realidade, nesa exposición hai moito máis que fotografías e artes de pesca, que xa sería motivo máis que suficiente para que calquer persoa que teña un mínimo de sensibilidade cultural se achegue a visitala. Hai moito máis, porque nesa exposición está unha síntese da tradición marítima e pesqueira de A Guarda, e todo o que iso conleva nun pobo que xurdiu - poderíamos decir - do mesmo mar, pois desde os tempos máis remotos A Guarda estivo vencellada o medio mariño. Con todo o que iso conleva, tanto no ámeto antropolóxico como no desenvolvemento e evolución da actividade pesqueira, e por conseguinte, tamén no que respecta a cultura, economía e socioloxía do pobo guardés.
Máis a exposición Amigos do Mar ten o valor engadido de server de elo entre unha comunidade pesqueira doutrora e a sociedade de hoxendía. Houbo un relevo inexorable de xentes, que por razóns obvias, deixaron paso a xeracións máis xóvenes. E houbo tamén, unha evolución na etnografía marítima, e por conseguinte da tecnoloxía pesqueira.
Na exposición queda ben de manifesto como á comunidade de pescadores guardeses - e por extensión tamén doutras comunidades vencelladas o mar galego - aproveitaba os recursos que lle proporcionaba á Natureza: a madeira de piñeiro para construir ás gamelas e tódolos trebellos necesarios para á navegación a remo e a vela (remos, mastro, temón,...) e tamén para á pesca (cabazas e boias de curtiza para os aparellos, casca de salgueiro para encascar as artes de enmalle (rascas, miños ou trasmallos, volantas,...) casca de piñeiro e brea para o mantemento da gamela, cantos rodados para ás poutadas, ...). E por suposto, o algodón para á confección das redes. Por conseguinte, eran biodegradables e respectuosas co medio ambiente natural.
Todo iso nos leva á reflexionar que para poder reunir todo o material que se amosa na exposición Amigos do Mar, tivo que haber - e houbo, afortunadamente, a pesares de moitas perdas irreparables que semellan ser inevitables - quen tivo á intelixencia suficiente de saber conservar ese material que hoxendía tanto nos agrada poder ollar. E por outra parte, tivo que haber tamén - e houbo, como se pode comprobar - quen tivera á iniciativa de ir de casa en casa, e chamando de porta en porta, para reunir todo ese patrimonio etnográfico. E nesa labor, compre salientar a xenerosidade de moitas familias que non tiveron inconvinte en ceder temporalmente e mesmo doar, o material que tiveron a ben gardar nas súas casas, e por outra banda, o traballo totalmente altruista de recolleita, que desenvolveron os membros da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, de A Guarda. Por iso, beizóns para ás familias prestadoras e para os membros de Piueiro, por seren activos recolectores.
Dese xeito, na exposición Amigos do Mar podemos ollar non soio fotografías - cunha ampla representación de vellos lobos de mar, verdadeiros protagonistas da exposición - e artes de pesca; senón que perfectamente dispostos hai unha heteroxénea mostra de materiais etnográficos (mallo, pía e pote da casca; haladores, chicadoiras, marcas dos mariñeiros, agullas de atar redes, imé, escandallo, nasas, palangres, cestos, un motor fora borda - dos primeiros que se empregaron no porto guardés - , rosas dos ventos, sextante, maquetas de carochos, gamelas, volanteiros, traiñas,...; ferramentas de carpinteiros de ribeira,...) dunha ampla cronoloxía, e nalgúns casos, mesmo anteriores o século XIX.
E ademáis de todo ese material, Piueiro amosa fotografías do proceso constructivo dun volanteiro, que será presentado no XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia, que se celebrará no porto de A Guarda, do 11 ao 14 de xullo de 2019.
Todo o que decimos, xustifica con creces unha visita de vagar a exposición Amigos do Mar que Piueiro amosa na planta baixa da Casa do Concello do fraterno e veciño pobo do Rosal, pois alí está todo un ronsel de traballo ilusionante. Unha mostra do moito que desde seu nacemento viu desenvolvendo con todo agarimo, á Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, presidida por Joaquín Cadilla Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario