12 de dec. de 2018

A GUARDA

EDUCACIÓN

O Concello organiza un curso para preparar a ESO  

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda abre o prazo de inscrición para un curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar as alumnas e alumnos para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).  

 O inicio das clases está marcado para o vindeiro mes de xaneiro de 2019.  

 As persoas interesadas poden ampliar información e inscribirse na OMIX da Guarda ou na Oficina de Desenvolvemento Local, nos enderezos electrónicos informacion@aguarda.es e emprego@aguarda.es ou nos teléfonos 676 347 890 e 689 605 127.

Ningún comentario:

Publicar un comentario