PATRIMONIO
O BNG congratúlase da rehabilitación do palco da música da Corredoira
Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui
Infogauda / Tui
"O BNG quere felicitar a execución das obras de restauración do palco da música do Cantón de Diómedes. Trátase dunha recuperación necesaria, despois do estado de abandono e desidia no que se atopaba, por parte dos governos do PP, durante décadas". Por ese motivo o anterior equipo de governo municipal, na persoa concelleira do BNG, Carme Núñez decidiu iniciar este proxecto a través da liña de axudas "Plan concellos" da Deputación de Pontevedra.
"A execución por parte das empresas adxudicatarias e dos e das técinas foi impecábel. O resultado é o previsto, unha xoia do patrimonio para o desfrute das nosas veciñas e veciños", sinalou Carme Núñez, portavoz municipal do BNG no Concello de Tui.
"Actuacións deste tipo a favor do patrimonio tudense foi ao que se compromentera o BNG desde a concellaría de Patrimonio. Lamentamos que o actual equipo de governo perdese as subvencións que se conseguiran para outros proxectos iniciados e deseñados durante o anterior governo coma a rehabiltación da ponte medieval de Pexegueiro, e o lavadoiro e fonte de Rodas (Guillarei). Isto é consecuencia da inactividade do governo municipal, cando a rehabilitación do palco da música é un claro exemplo de que as cousas non so se poden facer doutro xeito, senón que son necesarias e precisas para coidar o noso patrimonio, e por expansión, todo o que ten que ver co futuro de Tui", concluiu Carme Núñez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario