11 de dec. de 2018

A GUARDA

Inscricións para os Paxes Reais da Cabalgata de Reis 

· Este sábado día 15 de decembro, a partires das 10:00 horas, no Centro Cultural

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa que o sábado día 15 de decembro, desde ás 10:00 horas, no Centro Cultural, terá lugar a inscrición das nenas e nenos que desexen participar na Cabalgata de Reis 2019 na Guarda.  

 Para formalizar a súa inscrición, cada nai, pai ou titor, que acuda só poderá formalizar a inscrición dos seus fillos. Se unha nai ou pai non pode acudir, deberá enviar a outra persoa coa inscrición debidamente firmada e autorizando a mesma á persoa que realizará a inscrición.   

 A proba dos traxes dos paxes realizarase noutra data que se informará a posteriori e non é preciso que as nenas e nenos acudan o día da inscrición.  

 Os participantes deberán de ter como mínimo 8 anos de idade e cumprimentar a solicitude por parte das nais, pais ou titores legais. 

 As follas de inscrición e as bases reguladoras estarán a disposición nos días previos no Centro Cultural e no Concello da Guarda e na páxina web do Concello da Guarda.   

 Calquera dúbida se pode contactar con Departamento de Cultura no Centro Cultural no 986 611 850. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario