20 de nov. de 2018

TOMIÑO

“RE(I)XAS”, UNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS MULLERES NO FRANQUISMO, CHEGA MAÑÁ AO MERCADO MUNICIPAL 

A MOSTRA, ORGANIZADA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, SERÁ INAUGURADA ÁS 12 DA MAÑÁ 


Infogauda / Tomiño

 Mañá, mércores 21 de novembro, chega ao Mercado de Tomiño a exposición ‘Re(i)xas. Mulleres baixo o terror franquista’, a historia de 172 mulleres da provincia represaliadas durante a ditadura franquista. Unha mostra con acceso de balde, organizada pola Deputación Provincial, coa colaboración do Concello, e que será inaugurada ás 12:00 horas pola presidenta da Deputación, Carmela Silva Rego, o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal Fariña e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez.  

 A exposición estará aberta até o día 9 de decembro, no primeiro andar do mercado, nos horarios habituais de atención ao público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario