20 de nov. de 2018

TOMIÑO

O PROGRAMA “MEDRANDO EN FAMILIA” PROPÓN O VINDEIRO LUNS, A CHARLA “COS XOGUETES NON SE XOGA” 

A CARGO DE NOELIA COMESAÑA RODRÍGUEZ, PSICÓLOGA E PSICOTERAPEUTA FAMILIAR, A ACTIVIDADE SERÁ NA CASA DA CULTURA. É NECESARIO INSCRIBIRSE 

Infogauda / Tomiño

 O vindeiro luns 26 de novembro, continúa o programa socio-educativo “Medrando en Familia”, organizado polo Concello co obxectivo de influír no benestar dos máis cativos, a través dun proxecto de intervención socio-comunitario, centrado prioritariamente nas familias con menores de 6 anos. 

  Logo dos obradoiros, “Medrando e xogando”, “ Xogando e explorando”, e “Medrando co meu bebé”, o vindeiro luns, chega a charla “Cos xoguetes non se xoga”, a cargo de Noelia Comesaña Rodríguez, psicóloga e psicoterapeuta familiar. Será na Casa da Cultura, ás 18.00h e haberá servizo de canguros, sendo necesario inscribirse previamente (Departamento de Benestar. A Rocha, 8.Teléfono 986 622 001; benestar@tomino.gal).  

 O domingo 16 de decembro ás cinco da tarde na Casa da Cultura será o peche do programa, cunha sesión de teatro interactivo: “Minia convídate a xogar”, dirixida a menores de 6 anos (aforo máximo 30 familias, polo que é necesario inscribirse previamente).  

 O programa, cofinanciado pola Obra Social La Caixa, abrangue tres áreas de intervención: espazos de encontro de carácter grupal, nos que abordar inquedanzas colectivas; obradoiros de traballo en familia, e intervencións individualizadas no entorno familiar.  

 Premendo aquí podes ver o vídeo coas actividades do ano pasado.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario