CENTRO DE DÍA, UN DOS PROXECTOS QUE ANUNCIA O PP DE SALCEDA DE CARA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE MAIO DE 2019
• Os populares están volcados nos proxectos para mellorar Salceda
Santiago Rodríguez Davila -segundo pola esquerda - con concelleiras/os e membros do Comité Local
Infogauda / Salceda de Caselas
Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, ven de dar a coñecer esta proposta, presentando un dos proxectos - creación de un Centro de Día - que incluirá no contrato cos salcedenses.
“O Grupo Popular de Salceda leva semanas facendo reunións con diferentes grupos de traballo de cada unha das áreas que competen o Concello, deseñando desta forma un programa efectivo e viable de cara as próximas eleccións municipais”, dixo Santiago Rodríguez Davila a este xornal dixital.
“O contrato popular salcedense de 2019 presenta un novo proxecto, un Centro de Día, para o que nos propoñemos negociar e acordar ca Xunta de Galicia a construcción do mesmo nos terreos da Unidade de Execución UE-02, A Devesa, ao carón do que será o novo Centro de Saúde, cuxa ubicación é perfecta tal e como entenden os profesionais” afirma Rodríguez Davila. O voceiro popular tamén sinalou que “este é tan só un dos plans polos que traballaremos para que sexa realizable a partir do próximo ano”.
Desde o PP de Salceda de Caselas afirman “telo moi claro. Este é un ano crucial no que é preciso dar a coñecer o traballo diario destes últimos anos, donde é importante seguir construindo e facendo camiño cara 2019, en busca da mellora de Salceda e dos salcedenses, polo que seguiremos levando a iniciativa presentando as propostas necesarias e realizables para o noso municipio” destacou Santiago Rodríguez Davila.

Ningún comentario:
Publicar un comentario