16 de nov. de 2018

A GUARDA

MÚSICA

O grupo The Pretty Shirts presenta o seu novo disco 

· Cun concerto o sábado día 24 de novembro, ás 22:30 h., na Praza do Reló 

The Pretty Shirts 


Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado día 24 de novembro ás 22:30 horas a Praza do Reló será o escenario do concerto de presentación do recente traballo discográfico do grupo local The Pretty Shirts titulado xenéricamente ´A Few Seconds`. Este concerto conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello da Guarda.  

 The Pretty Shirts é unha banda de rock and roll cru e directo que segue a premisa orixinal do garage-rock, gastando todas as enerxías sobre o escenario. A banda, nada na Guarda (Pontevedra) no 2009, tras varios proxectos dos seus compoñentes, xurde coa única premisa de crear rock and roll e percorrer canto escenario sexa posible. 

 En outubro de 2011 inician as gravacións de estudo para o seu primeiro EP de presentación ´So Good To Be Right Here`recibindo unha moi boa resposta por parte do público. En Xuño de 2014 publican un single de dous temas titulado ´Ain’t No Another Love Song` e despois de rodar por múltiples escenarios con este single, en abril de 2015, gravan o seu primeiro LP homónimo en Baixo Miño Estudios. 

´A Few Seconds`


 O disco conta con 8 temas nos que, por unha banda, se mira a enerxía do seu directo e pola outra, o lado máis sosegado da banda. En outubro de 2018 presentaron ´A Few Seconds` da man de Clifford Records. Un álbum conceptual composto por 11 cancións onde The Pretty Shirts falan do imprevisible camiño que transcorre entre o primeiro e puro amor, pasando por noites escuras, euforia, erros, penitencia e situacións de superación ata que a gran verdade debe ser afrontada.

Artista: The Pretty Shirts 
Título: A Few Seconds 
Formato: 12" LP 
Cat #: Clifford-130LP 
Selo: Clifford Records 
Data de lanzamento: 11/10/2018

Lista de cancións: 

1. My Girl 
2. I Sink In The Mud 
3. Big Muscles Little Brain 
4. Madrid City Lights 
5. Smoke 
6. Can't Get Enough 
7. A Few Seconds 
8. Black Coffee 
9. Memories 
10. Train With No Brakes 
11. What I Am

Compoñentes:
Miguel Castro – Guitarra e coros 
Miguel Domínguez Lomba – Voz 
Manuel González – Percusión e coros 
Álvaro Vázquez – Baixo  

Ningún comentario:

Publicar un comentario