21 de nov. de 2018

O ROSAL

Charla informativa do BNG no Rosal sobre a suba da luz   

· O venres día 23 de novembro ás 20:30 horas, nos baixos do Concello do Rosal 


Infogauda / O Rosal

 O Bloque Nacionalista Galego organiza un acto informativo no Rosal, este venres día 23 de novembro ás 20:30 horas, nos baixos do Concello do Rosal  sobre a suba da enerxía e o recibo da luz, coas intervencións de Ánxela Fernández Callís, portavoz municipal; Xoan Xosé Bouzas "Tupi", secretario nacional da CIG-Industria; e Noa Presas deputada no Parlamento Galego.  

 O BNG ven defendendo a necesidade  dunha tarifa eléctrica galega, que permitiría o custo da enerxía sobre un 30% con respecto ao prezo actual. "É de xustiza que un País productor coma Galiza, poidamos beneficiarnos cando menos nos nosos recibos, tendo en conta o impacto que teñen as infraestructuras productoras de enerxía, tanto coma encoros ou eólicos nos montes", afirma a portavoz do BNG no Rosal, Ánxela Fwenández Callís. "O que non é normal é o que está pasando actualmente, que as consumidoras galegas teremos que pagar máis no noso recibo da luz en beneficio das eléctricas", apuntou a portavoz nacionalista. 

 "Desde a formación frontista - engadiu Ánxela Fernández - esiximos a eliminación dos suplementos territoriais que se contemplan nos recibos xa que supoñen unha clara discriminación para Galiza. Propomos tamén a baixada do IVE do 21%  que a dia de hoxe grava a enerxía ao 4% dos productos básicos, pois, a enerxía é un ben de primeira necesidade e, por iso, debe garantirse que toda a poboación teña acceso a ela.  

 As nacionalistas vamos un paso máis aló e defendemos que aquelas centrais que rematen a concesión, fundamentalmente encoros que se construíron durante o franquismo con un importante impacto social e ecolóxico, retornen a mans  públicas e se xestionen po unha empresa pública galega que socialice os beneficios da producción eléctrica na Galiza". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario