19 de nov. de 2018

LECER

A ruta dos Muíños do Folón e do Picón pechou o calendario de andainas 2018 entre A Guarda e Caminha  

Grupo de participantes na andaina da Ruta dos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal
Foto: Sara Carrera

Infogauda / O Rosal

 As andainas organizadas pola Câmara Municipal de Caminha e o Concello de A Guarda co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño, remataron na xornada do pasado sábado día 17 de novembro coa Ruta dos Muíños do Folón e do Picón.  

 O peche do calendario deste ano 2018 realizouse nas terras veciñas rosaleiras coa ruta de 18 quilómetros polos Muíños do Folón e do Picón. 

 O conxunto etnográfico do Folón e do Picón son un grupo de 60 muíños en fervenza, xa mencionados en documentos do século XVII, declarados Ben de Interese Cultural. Súa visita constitué un recorrido de gran beleza con excelentes panorámicas ao val do Rosal e Esteiro do Miño. Tamén se coñeceu a capela na véspera da celebración da romaría de San Martiño, que tivo lugar o domingo día 18, logo de ser aprazada por causa de chuvia, o domingo anterior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario