19 de nov. de 2018

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA DA ALCALDÍA QUE SE INFORME OS COMERCIANTES E VECIÑOS DA RÚA CONCEPCIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO DAS OBRAS DESA RÚA 

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 En relación o desenvolvemento das obras da rúa Concepción Arenal, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:

INFORMACIÓN CLARA, E VERAZ SOBRE PRAZOS, E DESENRROLO DAS OBRAS DE CONCEPCIÓN ARENAL OS COMERCIANTES  E VECIÑAS/OS AFECTADOS   

 Fai poucos días  (12.11.2018 – Trámite 1711480), un grupo de comerciantes da rúa Concepción Arenal, se dirixiron o concello, plantexando unha serie de dúbidas sobre a execución destas obras, na que poñen en dúbida que se estén axustando o proxecto presentado e aprobado no séu día. 

 Realmente, dando un paseo pola zona que nestes momentos en que se está formigonando, non se ven sinais de que se tivera previsión de canalizar a electricidade pública, a de suministro as vivendas, telefonía, e por suposto, tampouco se tivera a intención de colocar todo o sistema referente a posta en marcha do sistema de gas cidade, tanto tempo pregoado. 

 Entre as moitas dúbidas que plantexan, non só está o sentido de circulación, senón tamén donde se van a colocar os báculos de iluminación ou alcorques dos árbores, xa que si son certas as sinais que se están pintando na rúa, moitos deles coinciden cas entradas dos negocios, e tampouco saben donde van a estar ubicadas as zonas de carga e descarga, así como tampouco os contendores de lixo. 

 Por elo, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar do Sr. Alcalde, para que en compañía do Departamento de Urbanismo e Concelleiros de Vías e Obras, así con de Tráfico e Servizos, se manteñan as xuntanzas necesarias ca veciñanza do lugar, fin de clarexar todas estas dúbidas. 

A Guarda a 19 de novembro do 2018

      
Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario