A HISTORIA DE ELISA E MARCELA CHEGA A TOMIÑO ESTE DOMINGO DA MAN DA COMPAÑÍA TEATRAL “A PANADARÍA”
A SESIÓN, QUE SE FAI COINCIDIR CO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, COMEZARÁ ÁS 18.00H NO AUDITORIO DE GOIÁN
Infogauda / Goián (Tomiño)
Chega unha das citas máis agardadas da axenda cultural de outono: a obra teatral “Elisa e Marcela”, posta en escena pola compañía A Panadaría, .
Este domingo, 25 de novembro, Día contra a violencia de Xénero, porase en escena no Auditorio de Goián (18:00 horas) esta singular peza teatral (coproducción co Centro Dramático Galego), na que se relata a historia, con pinceladas de humor, música e gran traballo de actrices, de dúas mulleres galegas namoradas a principios do século XX.
A obra céntrase na historia de Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas, dúas mestras, que se casaron pola Igrexa en A Coruña no ano 1901. Para logralo, unha delas tivo que adoptar unha identidade masculina. A unión matrimonial, homosexual, foi a primeira do Estado español, realizándose cen anos antes de que a lei permitira o casamento entre persoas do mesmo sexo.
A cineasta Isabel Coixet realizou unha película sobre a historia destas dous mulleres galegas, que se estreará o ano que vén.
Este domingo, 25 de novembro. Día contra a violencia de xénero, poderemos gozar coa súa historia, levada ao teatro. Ás 18:00 h., no Auditorio de Goián.
Prezo: 3€ (venda de entradas dende unha hora antes na taquilla).
Ningún comentario:
Publicar un comentario