A AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN CELEBRA O CONCERTO DE SANTA ICÍA
A CITA É O SÁBADO 24 DE NOVEMBRO, ÁS 20:00 HORAS NO AUDITORIO, COA PARTICIPACIÓN DA BANDA XUVENIL, BAIXO A BATUTA DE PEDRO VILLARROEL GONZÁLEZ
Actuación da Agrupación Musical de Goián no Auditorio Municipal
Foto: C. T.
Infogauda / Goián
O próximo sábado 24 de novembro ás 20:00 horas, celebrarase no Auditorio de Goián o tradicional concerto de Santa Icía, no que participarán a Agrupación Musical de Goián e a súa banda xuvenil baixo a batuta de Pedro Villarroel González.
Será unha actuación moi festiva, co recordo recente dos dous premios obtidos en Santiago no XII Certame Galego de Bandas de Música. A banda de Goián volverá interpretar, entre outras, “Beltane” do compositor Andrés Álvarez, coa que realizou a “mellor interpretación dunha obra de temática galega” no Certame.
A festa continuará despois do concerto coa tradicional cea de Santa Icía nun restaurante, na que haberá xogos, bailes, humor, algunha sorpresa e moita música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario