20 de nov. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Os comuneiros camposinos están sinalizando os sendeiros do Monte Santa Trega, correspondente a aba de Camposancos

José Fernando Martínez Martínez - en primer termo - supervisando os traballos de colocación dos fitos de pedra cos topónimos indicativos nos sendeiros do Monte Santa Trega correspondentes á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos
Fotos: C.MM.VV.M.C.C.

Infogauda / Camposancos

 A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos continúa traballando por recuperar os sendeiros do Monte Santa Trega pertencentes a aba de Camposancos. 

Un dos paneis informativos dos sendeiros, petróglifos, ruta dos bancos,..., instalados pola Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos

 En decraracións a Infogauda, José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos deu a coñecer unha das razóns que motivan eses traballos: «Para que a toponimia local, ese ben inmaterial que os nosos ancestros nos deixaron, perdure. Os traballos estánse desenvolvendo co apoio económico dA Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e con mil atrancos por parte da delegación de Patrimonio da Xunta de Galicia».

Na imaxe un dos fitos de pedra albero, indicando catro direccions e os correspondentes topónimos dos lugares

 Ademade, o presidente dos comuneiros de Camposancos dixo: «Vimos de colocar 24 fitos de pedra albero nos cruces de sendeiros e tres paneis informativos dos sendeiros, petróglifos, ruta dos bancos,..., para que o camiñante saiba en cada momento donde se atopa e por donde seguir».

Ningún comentario:

Publicar un comentario