CULTURA / PATRIMONIO
Barferencias de Inverno 2018-2019
· Comezan este venres día 23 de novembro, ás 20:30 h., no piano- bar Benedictus
Infogauda / A Guarda
Un ano máis, promovidas polo Concello de A Guarda, chegan as barferencias ós nosos bares.
«É este un formato que - como afirma Mª Eleba Baz Rodríguez, concelleira de Cultura - acadou grande éxito nas súas edicións anteriores, xa que permite debater e profundizar sobre diversos temas nun ambiente íntimo e distendido. Nesta nova edición volven a primar os temas históricos e arqueolóxicos, que tanto interese espertan sempre entre a nosa poboación, destacando as charlas que nos achegan os resultados das últimas intervencións arqueolóxicas nas salinas do Seixal e no Monte Santa Trega».
Este novo ciclo de barferencias comezará cunha adicada á igualdade de xénero, que terá lugar este venres día 23 de novembro ás 20:30 horas, no Piano-bar Benedictus, e será impartida por Montse Fajardo, xornalista especializada en temas de igualdade e memoria histórica, que nos falará nesta ocasión do seu libro Invisibles.
A segunda charla terá lugar no mes de decembro sobre as Salinas do Seixal recentemente excavadas, contando coa presenza de Brais Xosé Currás Refojos.
Xa no mes de xaneiro, realizaráse unha nova barferencia sobre os últimos traballos de restauración e posta en valor no barrio de Mergelina, no Monte Santa Trega, onde se contará coa presenza de Luis Francisco López González.
Outros temas previstos para continuar o ciclo serán a historia da Fábrica das Cachadas e a dominación portuguesa na Fortaleza de Santa Cruz, respectivamente, citas que terán lugar en febreiro e marzo.
Dende a Concellería de Cultura convídase a toda a cidadanía a participar nestas actividades que espertan o interese dos asistentes e que cada ano congregan a máis público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario