19 de nov. de 2018

A GUARDA

CULTURA

Nova sesión de Contos Contados 

· Este sábado na Biblioteca Pública Municipal da Guarda  

Infogauda / A Guarda

 Este sábado día 24 de novembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle unha nova sesión de Contos Contados adicada á Ciencia. 

 Nesta sesión, que terá inicio ás 11:30h da mañá contaráse con ciencia en movemento grazas a un obradoiro de “Taller kids” co obxectivo de achegar os experimentos científicos aos máis cativos e cativas. Deste xeito estarán acompañados pola súa mascota para facerse fotografías. 

 Ciencia en movemento é un grupo de científicos que teñen coma paixón a divulgación da ciencia de maneira amena e creativa. Os seus fundamentos son a motivación e a creatividade, os valores humanos e o respecto ao Medio Ambiente. 

 Esta actividade está recomendada para nenos e nenas a partires dos 6 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario