ACTO INFORMATIVO DO BNG NA GUARDA E RECOLIDA DE SINATURAS PARA ABARATAR O PREZO DA LUZ
Este mércores 21 de novembro ás 20:30 horas na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O BNG organiza un acto público e recollida de sinaturas, previsto para este mércores 21 de novembro ás 20:30 horas na Casa dos Alonso, coas intervencións de Ángel Luis Baz, portavoz municipal; Noa Presas, deputada parlamentar; e Xoan Xosé Bouzas "Tupi", secretario nacional da CIG-Industria.
Ángel Luis Baz, sinalou que “a luz é un produto de primeira necesidade e non unha mercadoría de luxo que sirve para que as empresas eléctricas cada vez gañen máis. Galiza é un país produtor e exportador de enerxía, que ten que soportar unha das tarifas máis caras de Europa cando ten os salarios e as pensións das máis baixas”.
“Nos últimos 8 anos o recibo da luz subiu máis dun 30% e no último ano un 10%. Son cantidades excesivas e sen xustificación”, afirma Ángel Luis Baz.
Tamén fixo referencia tamén á que “medra o número de persoas que non poden manter a vivenda coa temperatura adecuada”. Deste xeito, “o BNG propón que a luz estea baixo o control público galego, cunha tarifa eléctrica galega que impida penalizar os lugares produtores de enerxía fronte aos que consomen e permita abaratar os prezos para particulares e tecido industrial”.
Ademáis, sinalou que “a luz ten unha fiscalidade excesiva. Ten un IVE dun 21% como se fose un produto de luxo, que queremos abaratar ao 4% que lle corresponde aos produtos básicos”. Reclamou tamén “eliminar os suplementos territoriais.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario