Oia acolle un taller sobre xestión e regulación das emocións
· A actividade desenvolverase o 27 de outubro e está organizada polo Concello e a familia Manso
Infogauda / Oia
A Casa da Cultura de Oia acollerá o próximo 27 de outubro o obradoiro titulado Xestión e regulación das
emocións. Unha perspectiva psicolóxica, unha actividade que se desenvolverá de forma gratuíta e con inscrición previa.
O obradoiro comezará ás 17:00 horas e será desenvolvido polo psicólogo Domingos Manuel Machado, quen
abordará temáticas como a identificación a xeración e a consciencia, así como
as estratexias e o proceso de regulación emocional.
Esta actividade está organizada polo
Concello de Oia e máis a familia Manso e conta coa colaboración da Comunidade
de Montes de Oia, Equus Ourense, Bio Lusitano Coudelaria e Leonardo Machado. As inscricións poden realizarse no teléfono
629 829 002 (Cristina e Paloma).
Achegamos ligazón desde a que pode descargarse o vídeo-convite ao obradoiro feito pola
propia Cristina Manso, veciña de Oia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario