24 de out. de 2018

O ROSAL

“HISTORIAS QUE VEÑEN E VAN”, CON  CÁNDIDO PAZÓ 

· Venres día 26 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal 


Infogauda / O Rosal

 Cándido Pazó presenta “HISTORIAS QUE VEÑEN E VAN”. Será o venres día 26 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal.

 Diversión, evocación, emoción, reflexión no máis vello e novo dos espectáculos: o de contar. 

 Contos, comedia e outras lerias que van na fala da xente, que se escoitan aqui e cóntanse alá… 

 Verdades que parecen mentira e mentiras que parecen verdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario