13 de set. de 2018

O ROSAL

UN MILLEIRO DE VECIÑOS DO ROSAL ASINAN CONTRA OS RECORTES NO SERVIZO DA ATENCIÓN PRIMARIA 

Ánxela Fernández (portavoz municipal do BNG no Concello do Rosal): «É inxustificable por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a existencia de calquera tipo de recorte (temporal ou permanente) da Atención Primaria no noso Concello. Falamos de saúde e de sanidade, un dereito fundamental e, para nós tamén unha prioridade»

Ánxela Fernández Callís, portavoz do BNG no Concello do Rosal

Infogauda / O Rosal

 Os concelleiros do BNG do Rosal veñen de presentar, o día 12 de setembro, polo Portelo no Concello do Rosal un total de 1.000 sinaturas da veciñanza rosaleira dirixidas á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e ó Servizo Galego de Saúde (SERGAS), «expresando e esixindo a reposición e mantemento do servizo médico completo da atención primaria no Concello», dixo Ánxela Fernández Callís, portavoz do BNG no Concello do Rosal. 

 «É inxustificable por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a existencia de calquera tipo de recorte (temporal ou permanente) da Atención Primaria no noso Concello. Falamos de saúde e de sanidade, un dereito fundamental e, para nós tamén unha prioridade», afirma Ánxela Fernández, portavoz do BNG do Rosal.   

 «Lamentamos - comenta Ánxela Fernández - que o goberno municipal do PP e a alcaldesa, Mari Carmen Alonso, non loitasen nin defendesen os dereitos da veciñanza diante desta situación no goberno da Xunta de Galicia do PP. Desde o BNG denunciouse a situación da man da deputada do BNG, Montse Prado, no Parlamento Galego».   

 «Pola nosa parte - engade a portavoz do BNG - seguiremos defendendo á Sanidade Pública cos veciños e veciñas do Rosal aos que agradecemos a súa colaboración asinando o documento en Defensa do mantemento do Servizo Médico Completo da Atención Primaria no noso concello nos diferentes establecementos nos que estivo dispoñible durante este mes de agosto».

Ningún comentario:

Publicar un comentario