11 de set. de 2018

FORMACIÓN

TOMIÑO OFRECE 15 PRAZAS PARA FORMARSE, DE BALDE, COMA AUXILIAR DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR 

A ACCIÓN FORMATIVA, DE 140 HORAS DE DURACIÓN, REALIZARASE EN OUTUBRO E NOVEMBRO, E ESTARÁ DIRIXIDA TANTO A PERSOAS DESEMPREGADAS, COMO TRABALLADORAS 


 Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño abre o prazo de inscrición para o curso gratuíto e con compromiso de contratación, denominado “O servizo de axuda no fogar e a excelencia profesional”, organizado en colaboración coa empresa “Idades”, especializada na prestación de servizos de atención socio-sanitaria.  

 O curso, cunha duración de 140 horas, realizarase en Tomiño durante os meses de outubro e novembro deste ano, e estará dirixido tanto a persoas desempregadas como traballadoras en activo, a familiares de dependentes ou a calquera outra persoa do municipio que estea interesada en formarse para poder traballar no sector da atención socio-sanitaria.  

 As persoas interesadas deberán estar en posesión do título de Graduado Escolar e o número de prazas dispoñibles é de 15.  O prazo de inscrición estará aberto desde o día 17 ao 21 de setembro. 

 As persoas interesadas deberán enviar o seu currículum ao seguinte enderezo electrónico: ana.sanchez@concellotomino.gal 
indicando no asunto CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA.  

 Duración: 140 horas (40 h. teóricas, 100 h. prácticas) Datas: Parte teórica: do 8 ao 29 de outubro 2018 os luns, mércores e venres de 16:30h a 20:30h. Prácticas (non remuneradas): do 5 ao 30 de novembro de 2018 

Centro: Escola Obradoiro O Regatiño, Goián (Tomiño).  

Ningún comentario:

Publicar un comentario