A Guarda potencia o patrimonio do mar
· Co proxecto «A Guarda, Mar de sal»
· Para á posta en valor das salinas romanas do Seixal e de Camposancos como recurso patrimonial e turístico
· Para á posta en valor das salinas romanas do Seixal e de Camposancos como recurso patrimonial e turístico
De esq. a der.: Brais Xosé Currás Refojos, Manuel Javier Crespo González, Montserrat Magallanes Álvarez,Mª Elena Herbello Puentes e Mar Cortegoso Comesaña
Foto: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
Este luns día 17 de setembro, o Concello da Guarda presentou na Casa dos Alonso o proxecto «A Guarda, Mar de Sal». No acto participaron Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Turismo; Manuel Javier Crespo González, concelleiro de Patrimonio; Brais Xosé Currás Refojos, investigador do Centro de Estudos de Arqueologia, Artes e Ciências do Património (CEAACP) da Universidade de Coimbra, membro do Grupo de Investigación Estructura Social y Territorio-Arqueología del Paisaje (EST-AP) do CSIC e coordinador e investigador do devandito proxecto; Mª Elena Herbello Puentes, xerente do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Ría de Vigo-A Guarda; Mar Cortegoso Comesaña, directora das escavacións, así coma diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente coa investigación e posta en valor do que tamén denomina Paisaxe do Sal da Guarda. Ou dito doutro xeito: trátase de dar a coñecer as salinas da época romana - e incluso as rupestres, de cronoloxía máis antiga - «para a creación dun recurso patrimonial, social e cultural de carácter sustentable, que funcione como unha ferramenta útil para o desenvolvemento económico fundamentado nun turismo de calidade, e que sirva ao mesmo tempo como medio para o reforzo da identidade da comunidade a través da cultura mariñeira compartida».
Segundo pudo saber este xornal dixital «prevense a realización de dúas accións diferenciadas:
- Investigación e posta en valor da Paisaxe do Sal da Guarda.
- Estratexia de comunicación e divulgación dos resultados.»

A presentación do proxecto «A Guarda, Mar de Sal» asistiron diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente coa investigación e posta en valor do que tamén denomina Paisaxe do Sal da Guarda.
Fotos: C. A. G.
Para Manuel Javier Crespo González, concelleiro de Patrimonio, este é «un proxecto moi importante para A Guarda, coa posta en valor doutro elemento patrimonial guardés, como son as salinas, unha satisfacción pola traxectoria dende os anos 80 [en que se tiveron as primeiras referencias da súa existencia] ata agora».
Brais Xosé Currás Refojos, coordinador e investigador do proxecto, destacou na súa intervención que «A Guarda, Mar de Sal permitirá potenciar este ben patrimonial a nivel económico, turístico e cultural, cun valor arqueolóxico de importante relevancia e cun proxecto de ciencia cidadá pioneiro en Galicia e España».
Mar Cortegoso Comesaña, directora das escavacións, explicou aos presentes neste acto que «realizaránse varias sondaxes para ver exactamente o tamaño global desta escavación arqueolóxica no Seixal, abrindo a maiores unha franxa de 200 m2 na zona de fincas».
Mª Elena Herbello Puentes, xerente do GALP Ría de Vigo-A Guarda, deu a noraboa polo proxecto e pola implicación do Concello da Guarda, sinalando que «dende o GALP Ría de Vigo-A Guarda apoiamos este proxecto pola súa importancia para o tecido económico, patrimonial e turístico da Guarda e da súa contorna».
Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Turismo, agradeceu «a todas as institucións públicas e privadas, así como particulares que dende o principio se involucraron co proxecto» .
Como xa indicamos anteriormente «A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de Brais Xosé Currás.
O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.
O proxecto contempla a escavación arqueolóxica, traballos de topografía e prospección, documentación fotogramétrica, rutas guiadas, restauración e consolidación, instalación de paneis informativos, análise edafolóxica, datación por OSL, un proxecto de ciencia cidadá que botará a andar o próximo ano, deseño dunha páxina web, e a edición dunha guía arqueolóxica cos resultados dos traballos.
VISIBILIZACIÓN DO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO
Coa presente actuación A Guarda recuperará os traballos arqueolóxicos na zona do Seixal, buscando tanto ampliar a zona escavada no ano 2015, como manter visible unha superficie ampla dos restos de salinas que existen nesta zona, aproveitando ademais a existencia da senda litoral, para darlle un maior protagonismo e visibilidade ao xacemento, cunha interesante revalorización cultural e turística deste entorno.
Vista parcial da zona de escavación de 2015, nas salinas do Seixal (A Guarda)
Foto: José Manuel Díaz Cobal
As salinas da Guarda, segundo as escavacións realizadas no ano 2015 no Seixal, poden formar parte dun complexo salineiro de cronoloxía romana de maiores dimensións. O proxecto arqueolóxico permitirá descubrir a súa verdadeira extensión e coñecer con precisión a súa cronoloxía.
Como parte da intervención arqueolóxica, farase tamén unha limpeza no entorno das salinas rupestres situadas na zoa das Lagoas (Camposancos), e levarase a cabo unha prospección sistemática pola costa para a identificación destas estruturas, moi pouco coñecidas e das que case nada se sabe da súa orixe.
AGRADECEMENTOS
«Dende o Concello da Guarda agradécese o compromiso de diferentes institucións públicas e privadas, que dende un primeiro momento se comprometeron e apoiaron este proxecto, coma a Entidade Local Menor de Camposancos, o Grupo de Acción Costeira GALP Ría de Vigo-A Guarda, a Confraría de Pescadores Santa Tecla, a Organización de Palangreros Guardeses (OR.PA.GU.), o IES A Sangriña, a Asociación Naturalista «Baixo Miño» (ANABAM), a Asociación de Redeiras Atalaia, a Deputación de Pontevedra, así como ás institucións científicas encargadas da súa execución: o CEAACP da Universidade de Coimbra (UC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o grupo de investigación EST-AP do Consejo Superior de Investigaciones Científicas CSIC, Universidad Complutense de Madrid (UCM), e a Universidade da Coruña (UDC).
De igual xeito agradécese aos particulares que cederon de xeito gratuíto as súas propiedades para realizar estes traballos de intervención arqueolóxica e de posta en valor das salinas do Seixal».
CUSTE TOTAL DO PROXECTO
O coste total do proxecto, referenciado como GALP7-066, (subvencionable + non subvencionable), segundo á información inicial do proxecto é de 87.357,29 €., dos cales, de acordo co indicado desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades (2018 e 2019), serán aportados pola Consellería do Mar, mediante o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Principais actividades do proxecto:
· Escavación arqueolóxica na área das salinas romanas do Seixal.
· Identificación sistemática das salinas rupestres.
·Estudo edafolóxico da relación das salinas coas transformacións medioambientais e as modificacións da liña de costa nos últimos 2.000 anos.
· Deseño dun itinerario sinalizado e provisto de elementos expositivos.
·Divulgación a través dunha guía arqueolóxica. ·Implementación dunha páxina web que faga accesible os resultados do proxecto.
· Proxecto inclusivo de ciencia cidadá.
· Visitas guiadas ás excavacións
· Rutas polas Paisaxes do Sal e ecosistema da costa da Guarda.
·Ciclo de charlas sobre os resultados dos traballos arqueolóxicos e sobre as paisaxes mariñas.
·Xornadas do Sal.
· Limpeza das salinas do Seixal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario