II Mostra Asociativa
·As asociacións guardesas amosaron súa diversidade
O longo de toda á xornada, o público tivo oportunidade de disfrutar coas diferentes actuacions
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O movemento asociativo guardés é do melloriño. Hai diversidade e propostas para todos. A proba tivémola unha vez máis, na segunda edición da Mostra Asociativa, que o pasado sábado día 15 de setembro tivo como escenario a Alameda da Vila. Foi un evento multicultural no que varias asociacións do municipio foron as protagonistas, dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes ao longo dunha gran xornada repleta de actuacions e unha intensa programación para todas as idades.
O evento comezou sobre as 11:00 h. e ao longo do día as diferentes asociacións participantes foron explicando e ampliando información sobre o seu traballo a través dun "Espazo Radio", onde puideron amosar aos asistentes como é o seu día a día, novas de interese e tamén aproveitar para facer unha chamada á captación de socios.
Entre as actividades realizadas ao longo da xornada destacaron as actuacións musicais de Vento Mareiro, Na Revolta, Do Lusco ao Fusco, a Agrupación Musical de A Guarda o Coro Arpegios Cantábile, Mordaza ou as exhibicións deportivas e de baile de Xamaraina, Club Deportivo Baixo Miño, A Guarda Hockey Liña, Sporting Guardés e Ballet Studio 88.
Tamén se contou con obradoiros, xogos, demostracións, unha exposición fotográfica, photocall, entre outras accións que encheron de público a Alameda da Guarda nesta xornada de convivencia asociativa, que non pasou desapercibida e que congregou a moito público.
Unha xornada aberta á participación da cidadanía e que puxo de manifesto unha vez máis a importancia do asociacionismo, a colaboración e a implicación da sociedade en diferentes colectivos, para levar a cabo accións de interese xeral con diferentes temáticas e fins.
Dende o Concello da Guarda agradecen a asistencia dos colectivos participantes nesta segunda edición, tendo en mente xa a terceira edición para o vindeiro ano 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario