28 de set. de 2018

A GUARDA

O Concello avanza nun padrón municipal máis áxil e eficiente 

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda fai público que o concello ven de incorporar un servizo de padrón municipal máis áxil e eficiente, grazas a un convenio marco coa Deputación de Pontevedra, que permitiu a implantación, uso e soporte dunha solución con novas ferramentas.  

 Entre as novidades máis importantes destaca a posibilidade de que os veciños soliciten volantes de padrón dende a súa propia vivenda, sen necesidade de desprazarse ata o consistorio, deste xeito, e cun certificado dixital, os veciños poden solicitar un volante de padrón a través da sede electrónica.  

 En futuras datas incorporarase tamén a funcionalidade para poder pedir de xeito telemático os volantes de padrón colectivo, e agárdase que tamén sexa posible facelo sen empregar certificados dixitais, o que favorecerá o acceso a este servizo por parte da poboación.

O Concello de A Guarda incorpora no portal de transparencia numerosa información de interese 


 O Concello da Guarda, cumprindo cos obxectivos de transparencia pública e información aos cidadáns, ven de incorporar recentemente ao portal de transparencia da sede electrónica municipal, informacións de temática variada sobre proxectos, normativas, patrimonio, urbanismo, obras, orzamento municipal, entre outros.  

 Desde o executivo municipal do concello de A Guarda indican que "recentemente, puxéronse á disposición dos cidadáns toda a información relativa aos proxectos das obras da Rúa San Queitano, o parque de patinaxe ou as obras de humanización da Rúa Concepción Arenal.  

 Deste xeito os cidadáns poderán acceder a estes contidos, para a súa consulta ou descarga e coñecer máis polo miúdo estas informacións".

Ningún comentario:

Publicar un comentario