28 de set. de 2018

A GUARDA

FILATELIA

A Guarda acollerá a mostra Exfimiño 2018

· Do 11 ao 17 de outubro, na Casa dos Alonso 

Infogauda / A Guarda

 Do 11 ao 17 de outubro de 2018 a Casa dos Alonso, do Concello da Guarda, acollerá a  XXXVI Exposición Filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano estará adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e da Fortaleza de Santa Cruz.  

 A inauguración realizarase o xoves 11 de outubro ás 20:30 horas e contará coas intervencións da concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez; o presidente da Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa (SFNG), Luciano Lomba Vicente; o presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), Valentín Suárez Alonso, e o historiador local Joaquín Miguel Villa Álvarez.

 Asemade asistirán representantes doutras sociedades filatélicas, expositores e visitantes.  

 Como ven sendo habitual, a mostra estará montada na planta baixa da Casa dos Alonso, inmoble onde recentemente se instalaron as dependencias do Concello de A Guarda, contando con varias vitrinas cedidas pola Federación Galega de Sociedades Filatélicas e outros expositores. Haberá coleccións de selos, moedas e coleccionables varios, nas categorías de xuvenís, filatelia moderna, clase aberta, temática, maximofilia, tradicional e historia postal.   

 Como ven sendo habitual porase en circulación un selo personalizado, cunha imaxe do plano da Fortaleza de Santa Cruz, cedida por InfoMaxe e un cuño conmemorativo coa imaxe da Porta da Vila - entrada principal da devandita fortaleza -, inmortalizando esta edición 2018. 

 También compre salientar que o mesmo día da apertura, a SFNG dará a coñecer un novo número - concretamente o 39 - de EXFIMIÑO, o Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, coordinado por Luciano Lomba Vicente. 

 A mostra estará aberta en horario de 11:00  a 14:00h horas e de 17:00 a 20:00 horas.  

 Dende o executivo municipal do Concello da Guarda convidan á cidadanía e visitantes a aproveitar esta oportunidade única e visitar esta exposición a partires do 11 de outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario