10 de set. de 2018

A GUARDA

FILATELIA

A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa organiza a XXXVI Exposición Filatélica e a XXII EXFIMIÑO 

· Ese evento terá lugar do 11 ao 18 de outubro, na Casa dos Alonso

Porta da Vila, un dos accesos á Fortaleza de Santa Cruz (A Guarda)
Foto: Infogauda

Luciano Lomba Vicente * / A Guarda

 Do 11 ao 17 de outubro celebraremos en A Guarda, a XXXVI Exposición Filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano estará adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e da Fortaleza de Santa Cruz. 

 Como ven sendo habitual a mostra estará montada nos baixos da Casa dos Alonso, edificio donde recentemente se instalaron as dependencias do Concello de A Guarda.

 A inauguración será o xoves día 11 de outubro, ás 20:30 horas e a mostra estará aberta en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. 

 Poremos en circulación un selo personalizado, cunha imaxe do plano da Fortaleza de Santa Cruz, (que nos cedeu amablemente InfoMaxe) e un cuño conmemorativo coa imaxe da entrada principal do castelo. 

 Por suposto convidamos a todos os que se queiran achegar ata A Guarda eses días a que nos visiten.

* Presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa

Ningún comentario:

Publicar un comentario