15 de set. de 2025

A GÁNDARA (A GUARDA)

A Festa da Zorza, unha cita saborosa no remate do verán guardés

Preto de 700kg de producto serán repartidos  este venres, 19 de setembro, desde ás 6 da tarde. na Gándara  




Infogauda / A Gándara (A Guarda)  

 Continúan levándose a bo termo as diferentes actividades programadas polos organizadores das Festas das Mercedes, 2025. E este venres, 19 de setembro, a partir das 18:00 horas, na praza dos Seixiños, na Gándara, celebrarase a XXXVII Festa da Zorza.

 Este ano, os organizadores propóñense repartir ata 680kg de zorza (Carne de porco, picada e adubada, con pemento, allo e sal), entre todos os asistentes, procedentes de varias localidades de todo o Baixo Miño.  

 Como é habitual a ración de zorza inclúe pan e unha bebida (auga ou cunca de viño), e terá un prezo popular de 10€. Nese prezo vai tamén a cunca e o prato conmemorativo desta edición.

 Ao rematar, haberá queimada co seu conxuro correspondente. E a partir das 24:00 horas, haberá festa animada con picadiscos.  

 Ademais, que ninguén se preocupe en caso de chuvia, pois o recinto está cuberto cunha carpa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario