25 de set. de 2018

A GUARDA

QUE VAI SER DAS GAMELAS GUARDESAS?


Mulleres, homes e nenos, arredor dunha gamela, no vadoiro da Ribeira, no porto pesqueiro de A Guarda
Foto: Arquivo Santiago Baz Lomba


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Neste 25 de setembro de 2018, cando este xornal dixital cumple 11 anos na Rede de redes, sen máis colabouras que as que algunhas persoas con inquedanzas teñen a ben remesar a Redacción de Infogauda, e que na medida do posible, procuramos corresponder publicando seus artigos, crónicas, imaxes fotográficas, comentarios,..., nesta páxina; recibimos no día de hoxe unha galería de imaxes que noso colabourador Santiago Baz Lomba, fillo e neto de pescadores, nos remesou encabezada por unha frase que o di todo, con poucas verbas:

 A GAMELA GUARDESA EN PERIGO DE EXTINCIÓN

 Esa é, visto o visto, a previsión que algúns vimos constatando como ano tras ano se está cumplindo inexorablemente. O decimos, penso eu, todas aquelas persoas que temos algo de interese pola etnografía marítima, en xeral, e de xeito particular, por ese patrimonio do que A Guarda, ata fai ben poucos anos, podíamos decir que era o porto que lideraba o censo de gamelas.

 Como a tendencia está sendo outra totalmente diferente, desde fai uns anos, temos en Infogauda, con carácter permanente a seguinte reflexión:

A GAMELA: UNHA EMBARCACIÓN EN PERIGO DE EXTINCIÓN?


 O longo de moitos anos, a gamela viu sendo a embarcación máis embremática de A Guarda e probablemente unha das embarcacións de orixe máis primitivo que hoxendía ainda podemos ollar en toda Galicia. Na vila guardesa ainda se atopa - polo de agora - un importante censo deste tipo de embarcacións, que a traverso dos tempos foi sendo obxecto de diversas incorporacións técnicas que contribúen a unha maior operatividade pesqueira. Primeiro foron as velas, moito máis tarde serían os motores fora-borda, despois os haladores hidráulicos,...Todo iso, e moito máis, foi aceptado pola homilde gamela guardesa. 

 Ninguén mellor que o malogrado escritor, etnógrafo e xornalista Eliseo Alonso Rodríguez, supo valorar os moitos atractivos da gamela. Ninguén como él, atinou a deixarnos o mellor da súa sabencia como investigador etnográfico. Mágoa que deica o día de hoxe, ninguén supese recoñecerlle a Eliseo Alonso o moito e bon, que nos legou. 

 A Guarda está en débeda con Eliseo. E así pasan os anos, e as gamelas ván esmorecendo, indo a menos cada día reemprazadas por outras embarcacións que non teñen nada que ver - alomenos deica agora - coa tradición da construcción de embarcacións de baixura, no porto e vila mariñeira de A Guarda. De continuar así, chegará un día en que tan soio nos quedará a gamela de pedra que o artista Xosé Antúnez Pousa, deseñou e realizou en homenaxe o mariñeiro guardés.

 O pasado sábado, con gallo do acto de apertura da exposición de Marcas dos mariñeiros de Póvoa de Varzim e de A Guarda, o presidente e co-fundador da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), Agustín Ferreira Lorenzo, non soio ofreceu unha moi interesante conferencia sobor da orixe das marcas dos pescadores, súa historia multisecular, súa evolución e desafortunadamente, tamén seu declive, e práctica desaparición polo nulo uso desas sinais de identidade polas que os pescadores recoñecían ata fai poucas décadas, seus útiles (embarcacións, remos, mastros, temóns, búxolas, achicadoiras, aparellos de pesca,...) de traballo no mar, e mesmo para sinalar ás portas de acceso as súas modestas vivendas.

 Na súa intervención, Agustín Ferreira Lorenzo, tamén manifestou que a gamela guardesa vai a menos. Esa é realidade. Os motivos desa inexorable e paulatina desaparición todos os coñecemos. As razóns son varias e o mesmo tempo comprensibles. Os tempos mudaron e con eles, os xeitos de navegar. A gamela guardesa é - podemos decilo de xeito coloquial - víctima do plástico, da fibra de vidro e do poliéster. Entre outros motivos, relacionados maioritariamente cos gastos de explotación, e por conseguinte, coa economía.

 Con todo, temos o convencemento das múltiples posibilidades que posúe a gamela guardesa tradicional, entre elas para o chamado turismo naútico. Sair a pescar nunha gamela a vela, patroneada por un avezado pescador, sería toda unha experiencia. Tan soio é necesario que haiba emprendedores que se poñan a elo, e coas correspondentes autorizacións administrativas levar á práctica esa actividade naqueles meses en que a climatoloxía o permita.

 Temos máis propostas viables, mesmo sen necesidade de afectar os recursos pesqueiros. Soio se precisan persoas decididas a polas en práctica, e que a Administración - por exemplo a Consellería do Mar, entre outras - bote unha mán. E dese xeito a gamela non correría o risco evidente de desaparecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario