25 de set. de 2018

A GUARDA

CULTURA MARÍTIMA

MARCAS DOS MARIÑEIROS DE PÓVOA DE VARZIM E A GUARDA

· A exposición pode visitarse na Casa dos Alonso ata o día 6 de outubro

A exposición Marcas dos Mariñeiros de Póvoa de Varzim e A Guarda está tendo moi boa acollida
Foto: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ven de comunicar que a Exposición Marcas dos Mariñeiros de Póvoa de Varzim e A Guarda pódese visitar ata o 6 de outubro en horario de 7:30 h. a 15:00 h. e de 19:00 h. a 20:30 h..

 No día da inauguración Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, destacou que «(...) é un orgullo para o pobo da Guarda ter esta exposición, que demostra o nexo de unión existente entre A Guarda e Povoa de Varzim (...)», e o vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, Luis Diamantino valorou positivamente esta exposición engadindo que «(...) as marcas dos pescadores forman parte da identidade dos nosos pobos, pobos irmáns que comparten tradicións (...)».   

 A mostra está enmarcada nos actos previos á celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario