Cruz Vermella pon en marcha un obradoiro de informática
· Para persoas maiores no Baixo Miño
Cruz Vermella / A Guarda
Cruz Vermella en A Guarda organiza un curso de informática básica dirixido a maiores de 65 anos, no que poderán participar ao redor de 15 persoas. Terá lugar nos meses de outubro e novembro, os mércores pola tarde en horario de 16:30 a 18:30, na aula CeMIT situada no Centro Cultural de A Guarda.
Cando as persoas chegamos á vellez, algunhas funcións psicolóxicas poden resultar afectadas de diferente forma. Co fin de evitar ou retrasar a aparición do deterioro cognitivo, é recomendable realizar actividades destinadas ao exercicio da memoria que axuden a manter e potenciar as diferentes capacidades cognitivas, e a informática é unha delas.
Aquelas persoas que estean interesadas nas novas tecnoloxías e na aprendizaxe do uso do ordenador, terán que inscribirse neste obradoiro na oficina que Cruz Vermella. Trátase dunha actividade financiada pola Xunta de Galicia.
Para máis información:
Asamblea Comarcal Cruz Vermella Baixo Miño
Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo
Teléfono: 986 61 46 09
Correo electrónico: laguardia@cruzroja.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario