Proxecto de turismo sustentable «Protura»
· Aberto o prazo de inscrición
Infogauda / A Guarda
A Guarda acolle este mes de setembro un curso sobre turismo sustentable adicado aos profesionais do sector turístico, con formación mixta, a distancia e presencial. O prazo de inscricións está aberto, a formación a distancia realizarase do 17 de setembro ao 28 de outubro e a formación presencial terá lugar o 1 e 2 de outubro.
Información e inscricións no 886 210 725 ou protura@depo.gal
Obxectivos
O obxectivo xeral do proxecto é mellorar o coñecemento entre os profesionais do sector turístico (empresariado e persoal) do que significa turismo sustentable, achegando estratexias e ferramentas para mellorar a sustentabilidade dun destino ou empresa turística, analizando as diferentes acreditacións dispoñibles e dando exemplos de boas prácticas.
Resumo do proxecto
O proxecto está destinado a aquelas empresarias e empresarios turísticos do contorno da Rede Natura interesados en mellorar o seu desempeño en sustentabilidade e en acceder a este interesante nicho de mercado. Resultará de utilidade para o persoal que oriente o seu traballo cara a este segmento da industria turística.
O proxecto pretende informar, formar e asesorar sobre os principios do turismo sustentable para que poidan traducirse en prácticas de xestión. Estes principios teñen como propósito minimizar os impactos negativos e maximizar os beneficios da actividade turística no ámbito sociocultural, ambiental e empresarial. O proxecto consta de cursos de formación a distancia e mixta, e dun asesoramento mixto.
Impartiranse 8 tipos de accións, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:
Turismo rural sustentable
Capacitar as empresarias e empresarios e o persoal do sector turístico en relación ás técnicas de xestión nas que se basean os principios do turismo sustentable. Das 6 accións formativas recollidas neste punto, 2 correspóndense coa modalidade a distancia a través dunha plataforma de teleformación e as 4 restantes con formación mixta, combinando a teleformación coa modalidade presencial.
Temática:
1. Concepto de sustentabilidade
2. Impactos do turismo. Turismo e medio ambiente
3. A sustentabilidade no sector turístico
4. A xestión de empresas turísticas. Claves e características do turismo sustentable
5. Axudas e subvencións. Acreditacións. Aspectos legais 6. Características socioeconómicas das zonas obxectivo (formación a distancia)
7. Potencial endóxeno dos recursos das zonas obxectivo e identificación dos produtos máis relevantes desas zonas (formación a distancia)
8. Exemplos de boas prácticas de sustentabilidade
Asesorías de turismo sustentable
Son accións específicas de apoio ao persoal encamiñadas a mellorar a súa situación no mercado de traballo en temas ambientais. Os asesoramentos compóñense de 2 tipos de accións e lévanse a cabo de forma individual e personalizada, cunha parte presencial e outra a distancia (xa sexa vía telefónica ou vía correo-e), nas que a cada persoa asesorada se lle abre un expediente onde figuran os seus datos persoais, o problema ou cuestión exposta e un plan de actuación que recolle a solución achegada.
Contido das asesorías:
1. Características socioeconómicas da zona
2. Valorización do potencial endóxeno dos recursos da zona 3. Identificación dos produtos máis relevantes da zona
4. Lexislación actual vixente, axudas e subvencións dispoñibles
5. Xestión das empresas turísticas
Para máis información, premer eiquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario