· Cunha ampla programación de actividades culturais, deportivas, festivas, gastronómicas,...
AS FESTAS DAS MERCEDES CONMEMORAN SEU Iº CENTENARIO (1918 - 2018)
AS FESTAS DAS MERCEDES CONMEMORAN SEU Iº CENTENARIO (1918 - 2018)
Capela da Nosa Sra. da Mercé, na Gándara (Salcidos) pertencente o Arciprestado de A Guarda - Tebra
Infogauda / A Guarda
A Gándara celebra do 14 ao 24 de setembro o I Centenario das Festas das Mercedes cunha ampla programación de actividades nas que se inclúen eventos deportivos, gastronómicos e de lecer.
Nesta edición se cumpre o centenario da inauguración da capela adicada en advocación a Nosa Señora da Mercé, polo que a comisión de festexos ten unha programación especial que xa comezou o pasado día 1 de setembro co X Torneo da Cachiza e que continúa este venres día 14 co pregón das festas a cargo de Beti Rey Ferreira, actuacións musicais e a inauguración da exposición sobre a capela da Mercé.
Na xornada do sábado día 15 celebrarase a III Baixada de Carrilanas e pola noite o VIII Serán musical.
Na xornada do domingo 16 de setembro, a partir das 11:00 h., terá lugar a XVIII Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero Sousa.
Pola tarde concerto da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda e unha representación teatral de «Os Mellores do Grupo».
Destaca tamén na programación a XXXI edición da Festa da zorza, un evento gastronómico de gran arraigo na zona e que congrega a numerosos comensais.
Coma novidade o sábado 22 de setembro celebrarase tamén un concurso degustación de repostería e tortillas.
Dende o luns 17 e ata o xoves 20 de setembro realizaranse diferentes actuacións musicais contando cos grupos Treboada Virxe do Alivio, Coiro Vello, Xamaraina, A Boalleira, Treboada Baixo Miño, Talent Latino Studio 88, Na Revolta,...
Programación:
Venres 14:
Pregón a cargo de Beti Rey Ferreira e
actuación do dúo de violín e saxo Antonio Seijo & Pablo Estelles, con
posterior concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.
Inauguración da exposición sobre o
Centenario da capela da Mercé.
Sábado 15:
III Baixada de Carrilanas dende as
16:00 h, e ás 21:00 h VIII Serán na Praza dos Seixiños.
Domingo 16:
XVIII Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero. Dende ás 11:00 h.
Ás 17:00 h., actuación da Banda de Música da Agrupación
Musical de A Guarda.
Ás 19:00 h., representación teatral de «Os mellores do Ghrupo», de Santa María de Oia.
Luns 17:
A partires das 20:00 h., Treboada Virxe
do Alivio e cantos de chabola con Coiro Vello.
Martes 18:
A partires das 20:00h actuación do
grupo de baile Xamaraina e do grupo de gaitas A Boalleira.
Mércores 19:
A partires das 20:00 h., actuación da
Treboada Baixo Miño e Talent Latino Studio 88.
Xoves 20:
A partires das 20:00 h., concerto de Na
Revolta.
Venres 21:
XXXI Festa da Zorza a partires das
18:00 h., coa animación do grupo de gaitas A Boalleira, fin de festa co
DJ Guille e unha gran queimada popular.
Sábado 22:
A partires das 17:00 h. concurso
degustación de repostería e tortillas, seguido dunha gran verbena a partires
das 21:00 h., coa orquesta La Torre e o grupo Ritmo Latino.
Domingo 23:
Ás 10:00 h. pasarrúas a cargo do Trebón
dos Xidos. Ás 17:00h actuación do Rancho Folclórico Os Camponeses Minhotos de
Cerdal (Valença do Minho), e ás 21:00 h., verbena na zona da Fonte Bieita coa orquestra Olympus e o grupo Magical.
Luns 24:
De 17:00 h. a 19:00 h., xornada de xogos
tradicionais e deporte na rúa para todas as idades na Praza dos Seixiños. A
partires das 19:30 h., actuación do grupo folk Pelepau e tirada de fogos de luces
para rematar a festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario